AS COMPRAS QUE VOLVEN

  • Posted on: 28 March 2026
  • By: estrelademarin

Estrela de Marín premiará as compras no comercio local cunha nova campaña de fidelización dotada con 400 euros

“As compras que volven” desenvolverase do 30 de marzo ao 30 de abril, incluirá dous sorteos quincenais, unha acción paralela nas redes sociais e unha mini feira de xogos tradicionais como peche da programación

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín impulsará entre o 30 de marzo e o 30 de abril a campaña “As compras que volven”, unha iniciativa coa que busca incentivar o consumo no comercio local, premiar a fidelidade da clientela e reforzar o uso do Club de Fidelización Comercio de Marín.

A acción repartirá 400 euros en premios a través de dous sorteos quincenais de 200 euros, nos que as persoas participantes poderán recuperar o importe das súas compras rexistradas. A campaña articúlase arredor dun sistema de rexistro dixital de tickets mediante a web.

Para participar, será necesario acceder a Comercio de Marín, ben a través da web ou ben a través da APP e rexistrar o ticlet de compra. Poderán entrar nos sorteos todas as compras superiores a 10 euros realizadas nos establecementos asociados ao CCA.

A mecánica da acción permite converter determinadas compras en compras gratuítas, xa que as persoas gañadoras recuperarán o importe do ticket rexistrado a través de saldo acumulado na súa tarxeta de fidelización. Co fin de favorecer un maior número de compras premiadas, establécese un límite máximo de 50 euros por ticket gañador.

A campaña está concibida para estimular o rexistro de tickets, favorecer a repetición de compra e seguir consolidando ferramentas de fidelización comercial, ao tempo que se reforza a relación da clientela cos negocios de proximidade.

A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Marín.

Imaxen da actualidade: 
data evento: 
luns, 30 Marzo, 2026
enlace: 
https://www.comerciodemarin.com/compras-que-volven-0#overlay-context=sorteos