AS COMPRAS QUE VOLVEN
AS COMPRAS QUE VOLVEN
“As compras que volven” desenvolverase do 30 de marzo ao 30 de abril, incluirá dous sorteos quincenais, unha acción paralela nas redes sociais e unha mini feira de xogos tradicionais como peche da programación O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín impulsará entre o 30 de marzo e o 30 de abril a campaña “As compras que volven”, unha iniciativa coa que busca incentivar o consumo no comercio local, premiar a fidelidade da clientela e reforzar o uso do Club de Fidelización Comercio de Marín. A acción repartirá 400 euros en premios a través de dous sorteos quincenais de 200 euros, nos que as persoas participantes poderán recuperar o importe das súas compras rexistradas. A campaña articúlase arredor dun sistema de rexistro dixital de tickets mediante a web. Para participar, será necesario acceder a Comercio de Marín, ben a través da web ou ben a través da APP e rexistrar o ticlet de compra. Poderán entrar nos sorteos todas as compras superiores a 10 euros realizadas nos establecementos asociados ao CCA. A mecánica da acción permite converter determinadas compras en compras gratuítas, xa que as persoas gañadoras recuperarán o importe do ticket rexistrado a través de saldo acumulado na súa tarxeta de fidelización. Co fin de favorecer un maior número de compras premiadas, establécese un límite máximo de 50 euros por ticket gañador. A campaña está concibida para estimular o rexistro de tickets, favorecer a repetición de compra e seguir consolidando ferramentas de fidelización comercial, ao tempo que se reforza a relación da clientela cos negocios de proximidade.
Promoción válida ata 30/04/2026


www.estrelademarin.gal/
GALERÍAS RÚA REAL Nº10
info@estrelademarin.es


