FESTA FINAL AS COMPRAS QUE VOLVEN
FESTA FINAL AS COMPRAS QUE VOLVEN
A campaña rematará cunha mini feira de xogos tradicionais A programación pecharase o 30 de abril, en horario de tarde, cunha acción de dinamización comercial de rúa na Alameda Rosalía de Castro, que se trasladará ao Multiusos da Praza de Abastos en caso de mal tempo. O peche da campaña materializarase nunha mini feira con 15 xogos tradicionais, distribuídos en 6 jaimas e dirixida a público familiar. A actividade busca atraer visitantes ao centro urbano, xerar ambiente comercial e prolongar o tempo de permanencia nas zonas comerciais. Para tomar parte nesta proposta final, será necesario presentar un ticket de compra realizado nos establecementos asociados ou ben mostrar a condición de socio do Club de Fidelización Comercio de Marín, vinculando así tamén esta actividade co apoio ao comercio local. Con “As compras que volven”, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín volve apostar por unha fórmula que combina promoción comercial, fidelización dixital, visibilidade nas redes sociais e animación de rúa para dinamizar a actividade económica da vila e premiar a confianza da clientela no comercio de proximidade. A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Marín.
Promoción válida ata 30/04/2026


www.estrelademarin.gal/
GALERÍAS RÚA REAL Nº10
info@estrelademarin.es


