Volta ao Cole Estrela

  • Posted on: 26 August 2026
  • By: estrelademarin

Volta ao Cole Estrela: compras, premios e unha gran festa para toda a familia. O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha unha nova edición da campaña “Volta ao Cole Estrela, unha iniciativa coa que queremos acompañar ás familias no regreso ás aulas, incentivar as compras no comercio local e premiar a fidelidade da nosa clientela. A campaña combina promoción comercial, novas ferramentas de fidelización a través da App Comercio de Marín, actividades para os máis pequenos e unha gran festa que terá lugar o venres 11 de setembro. 1)300 € en tarxetas regalo Comprar no comercio local durante a Volta ao Cole pode ter premio. Sortearemos 300 € en tarxetas regalo entre as persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados e rexistren os seus tickets na App Comercio de Marín. Participar é moi sinxelo: realiza as túas compras, rexistra os tickets na aplicación e entrarás no sorteo.

2)Novos cupóns personalizados na App Comercio de Marín A campaña incorpora ademais unha importante novidade no sistema de fidelización. Os establecementos poderán crear cupóns personalizados vinculados ás compras e envialos directamente á App Comercio de Marín dos seus clientes. Cada comercio poderá establecer as condicións da súa promoción: importes mínimos de compra, descontos para unha próxima visita ou outras vantaxes exclusivas

Deste xeito, a Volta ao Cole Estrela non só premia a compra actual, senón que favorece a recompra e reforza a relación entre a clientela e os establecementos locais 3)Estrelín tamén volve ao cole! Os máis pequenos volverán ter como compañeiro a Estrelín, a mascota do comercio local de Marín. Durante a campaña repartiremos coloreables de Estrelín vinculados ás compras realizadas nos establecementos, unha iniciativa coa que queremos achegar o comercio local ás novas xeracións dunha maneira divertida e crear unha maior vinculación das familias coa marca Comercio de Marín.

4)Gran Festa da Volta ao Cole – 11 de setembro O gran día da campaña chegará o venres 11 de setembro, a partir das 16:30 horas, cunha tarde pensada para gozar en familia.

Na Alameda Rosalía de Castro teremos photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiro para crianzas de 7 a 12 anos, ludoteca creativa, pintacaras para nenos e nenas de 0 a 6 anos e unha feira infantil con xogos tradicionais. E como gran peche da xornada, trasladarémonos ao Parque Eguren para celebrar a Festa Final Holi. Para participar nas actividades será necesario amosar un ticket de compra dun establecemento asociado, conectando así directamente a festa coa actividade comercial de Marín. 5)Escaparates Estrela Dixitais A campaña tamén chegará ás redes sociais a través de“Escaparates Estrela Dixitais”. Presentaremos escaparates formados por produtos de diferentes comercios de Marín para descubrir a variedade da oferta local e converter as redes sociais nunha extensión dos escaparates das nosas rúas. Moda, material escolar, calzado, complementos, servizos e moito máis: esta Volta ao Cole queremos que comece no comercio de proximidade. Cofinancia: Xunta de Galicia @comerciogalego Colabora: Concello de Marín Este setembro, merca no comercio local, participa, consegue vantaxes e vive unha Volta ao Cole con Estrela. Porque cando mercamos no comercio local, gañamos tod@s!

Imaxen da actualidade: 
data evento: 
mércores, 26 Agosto, 2026
enlace: 
https://www.comerciodemarin.com/volta-ao-cole-estrela